22-23-24 ABRIL

22-23-24 ABRIL

Carlos Sadness cruzou as fronteiras nacionais, rompendo récords de venda en Latinoamérica, onde as entradas voan en tan só uns minutos.

A poesía das letras das súas cancións que tan ben combina coa súa música labráronlle unha hoste de seguidores que elevan as súas cifras de reproducións en  Spotify ata o infinito e máis aló, con máis de dous millóns de oíntes mensuais.

‘Tropical Jesus’ é o nome do seu último álbum, que se publicou en xuño de 2020. É o cuarto traballo de Sadness, o primeiro desde o éxito de ‘Diferentes tipos de luz’, de 2018 , que incluía hits da talla de ‘Te quiero un poco’ e ‘Amor Papaya’ e foi recoñecido cun Latin  Grammy 2018 ao mellor deseño de empaquetado, que asina el mesmo.

‘Tropical Jesus’ inclúe temas como ‘Ahorita’, de inspiración cubana e Disco de Ouro en España, ‘Aloha’, de aire colombiano, que forma parte da prestixiosa Banda Sonora Oficial do videoxogo FIFA 21 e converte a Sadness no único artista español en formar parte da música desta edición; ‘Todo estaba bien’, con Manuel Medrano e Disco de Platino en España; ou ‘Isla Morenita’, canción que tamén é Disco de Platino en España. Claramente, a mirada latinoamericana de Carlos  Sadness intensifícase.

‘Tropical Jesus’ vai musicalmente máis aló dos seus anteriores discos, máis continuistas. Agora os pianos atmosféricos cobran protagonismo e as cancións abandonan as baterías acústicas para camiñar sobre beats. E a pesar de todo, o resultado é máis orgánico que nunca, sen deterse en Colombia ou Cuba, senón con paradas en México ou Estados Unidos e con repouso en España. É sen dúbida o máis viaxado de Carlos  Sadness.