ZONA DE ACAMPADA FIV DE VILALBA 2025
LOCALIZACIÓNS:
ZONA 1 PAVILLÓN C.E.I.P. ÍNSUA BERMÚDEZ
ZONA 2 ESTADIO ROCA
APERTURA:
PAVILLÓN C.E.I.P. ÍNSUA BERMÚDEZ
VENRES 25 ABRIL – 17.00 HORAS
PECHE: DOMINGO 27 ABRIL – 14.00 HORAS
(Acceso por C/ Cuart de Poblet)
ESTADIO ROCA:
VENRES 25 ABRIL – 16.00 HORAS
PECHE: DOMINGO 27 ABRIL – 14.00 HORAS
RESERVAS
Prazo de reserva:
Desde o 14 DE MARZO ata o 21 DE ABRIL de 2025 (incluidos) – ou ata agotar parcelas
Proceso de reserva:
- O acceso á zona de acampada é exclusivo para abonadxs ao FIV de Vilalba 2025
- A partir do 14 de marzo pódese facer a reserva desde a web do Festival
- Permítese unha reserva por usuarix
- Cada reserva da dereito a un espazo de acampada de 1 tenda e máximo 3 persoas
- Non se admiten reservas fora de prazo

NORMATIVA INTERNA DO ESPAZO DE ACAMPADA:
- Cumplirase en todo momento a normativa vixente durante a celebración do evento. Toda conducta contraria ás normas xerais implicará a expulsión inmediata do recinto, así como a perda da reserva.
- Non se permite o acceso á zona de acampada á menores de idade.
- Para acceder ao recinto os usuarixs deben presentar a súa acreditación, que poden solicitar na Casa da Cultura de Vilalba.
- So poden acceder aos recintos de acampada as persoas acreditadas como abonadx e usuarix do servizo de acampada.
- A acampada realizárase únicamente nas zonas establecidas e sinaladas polo persoal do festival.
- As parcelas ocúpanse por orde de chegada e de forma organizada.
- Cada parcela é equivalente a un máximo de tres persoas e unha tenda de campaña. Solicitarase con anterioridade o listado de personas en cada parcela, no proceso de check-in.
- As tendas non poden superar o tamaño da parcela (2x3metros). Non está permitida a instalación de estructuras anexas ás tendas ou outro tipo de ampliacións.
- O pavellón Ínsua Bermúdez é un espazo de uso educativo. Esíxese un uso responsable das instalacións e do material do espazo.
O incumplimento das normas descritas, podrá implicar a expulsión da zona de acampada, así como a pérda da reserva realizada.
Se tes algunha consulta podes escribir a camping@fivdevilalba.com
PREGUNTAS FRECUENTES:
Podes reservar a túa parcela a través da web do propio festival: https://fivdevilalba.com/
No proceso de reserva pediranche os teus datos persoais e os de dúas compañeiras/os máis (de forma opcional). Se no momento da reserva non inclúes ás tres persoas que estaredes no espazo, poderás confirmalo unha semana antes do festival a través dun formulario que enviaremos. Non perdas ollo ao correo.
Todas as parcelas son de 2 x 3 metros.
En cada parcela poden acampar 3 persoas.
En primeiro lugar, deberás acreditarche como abonado/a e usuaria/o da zona de acampada nos despachos de billetes situados na Casa da Cultura de Vilalba. Só poderán acceder á zona de acampada, aquelas persoas que porten:
- Acreditación de abonado/a (pulseira 1)
- Acreditación usuario/a da zona de acampada (pulseira 2)
Non se permite a entrada de mascotas á zona de acampada do FIV, nin nos escenarios do festival, salvo aqueles que acrediten documentación de cans-guía.
Por razóns de seguridade, está prohibido facer lume e o uso de instrumentos como o cámping gas que poidan supoñer un perigo.
O persoal do festival informarache á túa chegada, as parcelas asígnanse por orde de chegada. Polo benestar de todos, rógase seguir as instrucións dos responsables.
Non se fará reserva de parcelas, estas serán asignadas en función da orde de chegada. A única opción para poder estar todos xuntos sería que chegásedes todo o grupo á vez.
Para facilitar a convivencia de todos, débese comunicar ao persoal da zona de acampada calquera incidencia ou perigo que poida existir.
Dispoñemos dunha área reservada para obxectos perdidos no recinto principal.
(espazo merchand Campo da Feira).
Permítese a entrada con comida e bebidas a condición de que os envases non sexan considerados perigosos. Todos os residuos depositaranse nos contedores habilitados.
Non se permite a entrada ás persoas alleas ao festival, só poderán acceder persoas acreditadas.
Durante a maior parte do día desde primeira hora da mañá ata a noite poderás usar as duchas
Tanto os pavillóns como o estadio dispoñen de duchas e aseos. Recomendamos levar material illante, así como cubertas protectoras para as tendas e toldos para o recinto ao aire libre, especialmente para os usuarixs do Espazo Roca, xa que é un recinto ao aire libre. A organización non se fai responsable das consecuencias ocasionadas polas inclemencias meteorolóxicas adversas.