Lori Meyers é un dos catro grupos máis importantes do panorama indie patrio. A banda de pop- rock alternativo, formada por Nono, Alejandro e Alfredo, nace a finais do século pasado pero o seu éxito non deixou de aumentar.
En outubro de 2021, tras catro anos de inactividade e coas dificultades derivadas da pandemia, o grupo presenta o seu álbum “Espacios infinitos” co que seguen xirando este ano.
Este novo disco, o sétimo do trío andaluz, chega catro anos despois de “En la espiral”, situándolles no camiño dunha inquieta madurez, dispostos a conquistar novos espazos sonoros sen renunciar á xenuína expresión que os converteu en referencia do pop español contemporáneo.