28-30 ABRIL 2023

22-23-24 ABRIL

Sidecars é un grupo de pop-rock español, xurdido en Madrid, que debuta en 2008 co seu álbum homónimo. Estribillos e letras pegadizas que fan que sexan un reclamo en festivais de todo o país. Hoxe en día son unha das bandas destacadas dentro do imaxinario do indie rock español.

En setembro sacaron o seu novo disco, Trece, que xa foi presentado no Wizink Center de Madrid e no Sant Jordi Club de Barcelona, e que darán a coñecer tamén no FIV en abril, xunto a outros dos seus temas máis coñecidos.