22-23-24 ABRIL

22-23-24 ABRIL

O proxecto de folk electrónico máis coñecida do panorama musical galego presentará o seu novo disco ‘Embruxo’ en FIV de Vilalba despois de revolucionar a escena galega co seu primeiro disco ‘Solpor’.

Neste último traballo as melodías e os textos tradicionais levan o peso do disco , mentres que os vocalistas invitados , en especial os das  pandereteiras- cantareiras  Lilaina, que cantan en cinco dos dez temas do disco, non achegan textura adicional se non que aparecen en primeiro plano. O carismático Rodrigo Cuevas, por exemplo, pasa a interpretar o éxito ‘Veleno’. Ademais, o artista creou ‘Embruxo’ para que se desenvolva como unha película musical, e a festa na que se mergulla o público mantense viva co paso do tempo.

Baiuca é o proxecto musical do catoirés Alejandro Guillán, que despois de iniciarse con ritmos máis pop baixo o nome de Alex Casanova, agora mergúllase en «esta proposta experimental onde mestura con mestría os elementos máis típicos da música tradicional galega con sons máis actuais e electrónicos. Por iso non sorprende atoparse nos temas de  Baiuca o ritmo de pandeiretas, cunchas, pandeiro e mesmo voces de  cantareiras casando á perfección co son dos  sintetizadores.