28-30 ABRIL 2023

22-23-24 ABRIL

Carlangas naceu a unha temprana idade en Santiago de Compostela. Escribe cancións e tamén as canta. Ás veces, ante miles de persoas; e outras veces, cos seus amigos polos bares do seu barrio, no sur de Madrid. O único que lle interesa é que bailes, que a xente estea contenta e que non lle vendas a moto. Segundo di “as etiquetas son para os supermercados” e por iso mestura rock, electrónica, música disco, hip hop ou cumbia. Se o queres, báilalo; e se non, déixalo.
Con “Cae la noche”, a súa última colaboración con Manu Chao, Carlangas móstranos unha nova cara do universo sonoro que plasmará no seu álbum de debut.
Unha canción que recolle esa inspiración latina e cancionista que marcou a Carlangas como compositor desde os seus inicios e que di moito do relato que quere construír co seu debut. Ademais, contou coa colaboración de  O Chicho do Funk, máis coñecido por capitanear o seu proxecto ORTIGA ou por ser unha das metades de Boyanka Kostova; na produción artística.