17-19 DE SETEMBRO DE 2021

17-19 DE SETEMBRO DE 2021

A historia de dani é, en gran medida, a historia dunha xeración, da viaxe da súa Vigo natal aMadrid, dos sacrificios perseguindo unha vocación musical, aderezada cun encontro casual coa discográfica que terminaría publicando o seu primeiro LP, “Veinte”.

A historia de dani é, ao mesmo tempo, a dunha herdanza que transcende o xeracional. Creceu nun ambiente musical e se un rebusca nas influencias de dani tópase con varias sorpresas, precisamente, o eclecticismo é o aceno xeracional dos nados ao redor do cambio de milenio, quen vexa unha lista das súas cancións máis escoitadas ao final de ano pódese atopar tan pronto a Mura Masa e aos Carpenters, a Billie Eillish e a ABBA, a Disclosure e a Vanessa Paradis. Independentemente da época ou a nacionalidade, a sensibilidade de dani conecta coa melancolía pop bailable