22-23-24 ABRIL

22-23-24 ABRIL

Óscar D’Aniello (Delafé) comezou a súa andaina na música como DJ en 1994 con tan só 17 anos. Con 21 anos fundou xunto a David  Carabén a banda Mishima e con 24 Facto Delafé y las Flores Azules.

Desde entón foi compaxinando a faceta de DJ coa de músico profesional con 10 discos ás súas costas. Nas súas sesións predomina a música negra (funk, soul, reggae, hip hop), caracterizada polo ritmo, a mensaxe positiva e a luminosidade aínda que tamén poden soar clásicos do rock, do pop ou a electrónica.