22-23-24 ABRIL

22-23-24 ABRIL

Forget la France é un grupo de rock orixinario de Lugo, desde os seus comezos no 2018 ata a actualidade pasamos e probamos distintos xéneros como o indie, o grunge, country ou mesmo o pop máis comercial. Nesta traxectoria descubren o seu verdadeiro estilo, orixinal e auténtico, que os caracteriza e polo que se lles recoñece. Co novo disco ‘Fuimos aire’ alcanzan unha maior madurez como grupo, atopando unhas pautas máis definidas e un camiño polo cal continuar a súa traxectoria

Nos seus diectos ofrencen un repertorio variado do rock e indie máis actual, conxugado cos temas propios máis cañeros dos seus discos. Un espectáculo ameno e entretido, acompañado con iluminación, efectos de luz e fume.

O espectáculo está indicado para todas as idades e grupos sociais, xa que contamos cun amplo abanico das versións máis coñecidas e actuais, garantindo un profesional e divertido show ideal para calquera festival ou evento musical.