Hickeys comeza a súa viaxe en 2018. O seu son abraza ao máis escuro post punk e, á vez, ao máis fino rock alternativo, irrompendo no panorama nacional influenciadas, sobre todo, pola escena post punk inglesa. Cun estilo onde reinan a contundencia e a sensibilidade, apostan por fortes instrumentais e letras motivadas pola desconformidade. Xiraron por España, Portugal, Reino Unido, Italia, Alemania, Holanda e Estados Unidos. O seu primeiro proxecto, Fragile Structure, foi estreado en setembro de 2022.
Trátase dun disco que fala sobre a frustración, a falta de anhelo, os puntos de quebra. A estrutura son cada unha delas e todas elas xuntas: o que sentiron, vivido, pensado, apreciado e sufrido. «Fragile Structure garda pistas, quebracabezas, mensaxes… Deseñamos un disco coma se fose un artefacto para armar e desarmar. O disco explora distintos puntos de quebra e a figura resultante que aflora dunha greta.»