22-23-24 ABRIL

22-23-24 ABRIL

Idoipe nace nunha Noiteboa a principios dos anos 90. A súa infancia transcorre en continuo contacto coa música, sempre pegado a uns cascos, entre as clases de ballet e á aprendizaxe de varios instrumentos como o acordeón, o piano ou a guitarra.

En 2010 empeza a súa andaina como dj baixo o nome Oddysseyy, percorrendo a maior parte das festas e festivais de Aragón. Tamén participa noutros proxectos musicais como  MPOLE ou  Matafuego Club.

Despois de varios singles revisando o folclore aragonés,  Idoipe agora preséntanos ‘Cierzo lento’, o seu primeiro traballo longo, editado por El Tragaliz o 21 de maio de 2021. Neste LP de 8 cancións mestura a súa bagaxe como músico e as súas influencias electrónicas co amor pola súa terra.

En ‘Cierzo lento’ descubrimos o universo musical de Idoipe, no que acompaña a súa voz de instrumentos como a bandurria, os paus tradicionais ou a frauta de pico. Son oito cancións  autoproducidas con claras influencias do indie máis electrónico e sons orgánicos, mesturadas con cancións populares aragonesas e a música electrónica como fío condutor.

O álbum contén varias chiscadelas e homenaxes á cultura e o folclore de Aragón. ‘Cierzo lento’, cuxo título fai referencia ao vento da rexión, supón así unha viaxe electrónica no tempo pola tradición aragonesa e del se  intuyeun punto de inflexión na carreira deste xenuíno artista