22-23-24 ABRIL

22-23-24 ABRIL

Isaac Peces é un DJ e coleccionista afincado en Galicia e afeccionado aos sons dub, disco, boogie, funk, house, balearic, modern-soul, afrobeat, etc. Durante a última década pica en festivais como Womex, Jazzaldia ou Noroeste. Tamén en clubs europeos como Brilliant Corners (UK), Lle Mellotron (FR), Canvas (NL), Primeiro Andar (PT), Berlín Café (ES), etc. e mantivo residencias en varias cabinas de Galicia como Barbería, Portiño, Mardigras, Telefunken, etc.

Responsable das festas Graham, onde programa concertos da escena afroamericana, é parte dos colectivos Fera do Disco, Souldiggers e Estranhas Criaturas. Gravou podcasts para Bill Brewster, Lovemonk, Sonideros, Apricot Ballroom ou Miramar. É director desde 2022, do programa ‘ Melanine’ a través de Universal Rhythms Radio.