Iván Ferreiro (Nigrán-Galicia) compositor de música indie rock e pop rock, foi durante 13 anos da súa carreira musical líder, cantante e principal compositor do recoñecido grupo Los Piratas co que lanzaron 12 álbums e unha grande estela musical que aínda se venera.
Despois de separarse dos Piratas a finais do 2003, publicou oito discos en solitario. O último, publicado en 2023, foi “Trinchera Pop”, un disco co que se gañou o respecto da crítica e o público, con cancións como “En el alambre”.
No FIV, Iván Ferreiro presentará o seu novo álbum “Trinchera Pop” en directo: “En el alambre”, “La humanidad y la tierra”, “En las trincheras de la cultura pop”, “Miss Saigon”, e todas as súas cancións máis emblemáticas.
En escena estará acompañado da súa banda habitual, Pablo Novoa ás teclas, Ricky Falkner ao baixo, Xabier Molero á batería, Sergio Martinez nos teclados e programacións e con Emilio Saiz e Amaro Ferreiro ás guitarras.