22-23-24 ABRIL

22-23-24 ABRIL

Que Juárez non é un grupo adocenado polos códigos ‘indie’ é algo que xa quedou plenamente xustificado en ‘Entre Palmeras, o seu último traballo. Con todo, nesta ocasión van mesmo máis aló lanzando un novo álbum apenas quince meses despois.

Juárez ofrece en cada un dos seus discos algo que soa diferente ao anterior, aínda que empregando moitos dos sons e tendencias que xa os caracterizan, e é que o agora quinteto mostra en cada peza personalidade instrumental que os fai diferentes. Nesta ocasión engalánanse de romanticismo e melodías sinxelamente maxistrais, sempre inesperadas, inéditas, onde profundan nas harmonías vocais, os desenvolvementos instrumentais e un son máis luminosos seguindo o ronsel do seu disco anterior.

Cancións con sabor a clásico onde as melodías e as harmonías manteñen o protagonismo. En ‘Luna Menguante’ afianzan a súa traxectoria cun traballo ambicioso no que mostran a súa capacidade para atacar e combinar xéneros distintos sen perder por iso a facultade para conxurar esas atmosferas enrarecidas que van do kraut-rock robusto á psicodelia ou do pop ao western, outra colección de cancións onde seguimos sen poder etiquetar (nin falta que fai) á banda de Pamplona.

‘Luna Menguante’ é Juárez cento por cento, sobe o volume e dálle ao play.