Kokoshca chaman ao seu disco ” KOKOSHCA”, recoñecemento autosatisfecho de que isto é o máis parecido a unha colección de cancións perfecta que os pamplonicas xuntaron ata a data, e o listón estaba ben alto. Atravésao un malgaste rítmico insólito ata o de agora neles, e un tino exhuberante, este si coñecido, en melodías e letras. En definitiva, un chorro de himnos.
Iñaki López, Amaia Tirapu, Álex López e Iñigo Andión afianzan en “ KOKOSHCA” a súa rítmica e os seus retrousos e conseguen algo máis difícil: soar máis pop, máis accesibles que nunca e tan desafiantes como sempre. Se aínda non che unías a Kokoshca, agora é o momento.