28-30 ABRIL 2023

22-23-24 ABRIL

Guille Milkyway é un artista efervescente cunha identidade propia e inconfundible. Fusionou numerosos estilos ao longo dos seus discos de estudo, desde o sunshine-pop ata o bubblegum, e as súas cancións están repletas de fermosas melodías e arranxos perfectos. Nos seus concertos transporta ao público a un mundo de fantasía; unha grata experiencia audiovisual que vai máis aló do típico concerto. Todo un espectáculo de luz e cor que se move entre a melancolía e a felicidade máis explosiva. Un directo adictivo, redondo e irresistible que, sen dúbida, é un dos mellores do noso país. Foi cabeza de cartel nos principais festivais de España e conseguiu Sold Out varios días seguidos en salas tan míticas como La Riviera de Madrid ou a sala Razzmatazz 1 de Barcelona.