25 y 26 de ABRIL de 2025​

LERIA é un proxecto coruñés que xorde no 2021 nas rúas da Coruña. Unha aposta pola música indie-pop en galego, con referentes como Love of Lesbian, Ginebras, Vetusta Morla ou Miss Cafeína. Música indie na nosa lingua, cun directo sólido, enérxico, intenso e divertido a partes iguais. Esta é a proposta de Leria, que da man do seu primeiro traballo discográfico, Marusía (2024), prometen facer festexar ao público cos seus temas máis “bailables” e gozar tamén das cancións máis íntimas. Todo, cunha estética que se aferra a correntes artísticas coloridas e rechamantes, e cunha mensaxe reivindicativa á vez que informal e divertida.

Gañadoras do concurso “Novos Valores 2023” do Festigal, na primavera do 2024 publican o seu primeiro disco, Marusía, un CD que recolle todos os temas do directo destes últimos dous anos e que lles valeu o nomeamento aos Premios Martín Códax da Música 2024 na categoría de Mellor Artista Emerxente.