28-30 ABRIL 2023

22-23-24 ABRIL

Formados en Murcia en 2016, e con dous álbums ás súas costas, Los Malinches son unha das bandas que mellor representan un movemento de rexurdimento psicodélico inspirado nos anos 60 e 70, pero cunha mirada actual que evolucionou e tomou personalidade propia.

A súa coidada posta en escena e as súas composicións baseadas na nova onda latinoamericana, mesturado cunhas producións que buscan fidelidade e coherencia coas súas influencias, levoulles a captar a atención de todo o panorama alternativo, incluso levándoos a tocar en terras alemás en varias ocasións.

Co seu primeiro álbum, “En el agua” (Groovie Records – 2018) mostraron 10 temas de puro garage/surf psicodélico. Máis tarde chegaría “Piel de Lince” (Groovie Records – 2021) no cal se fai patente unha evolución no seu son, achegando un pouquiño de sabor latino deixando entrar percusións e desenvolvementos melódicos mais propios do primeiro lustro dos anos 70. Pero á súa vez acompañado de mensaxe social, colocando este disco á altura dos novos tempos.

Recentemente atópanse en proceso de gravación do seu terceiro álbum. Un disco que promete ser o mais profesional da súa traxectoria e do que xa podemos escoitar un primeiro adianto en plataformas coa canción “El árbol”.