17-19 DE SETEMBRO DE 2021

17-19 DE SETEMBRO DE 2021

No ano 2015, durante un paro da banda Moondogs Blues Party, tres dos seus compoñentes, Iria (baixo), Marcos (teclados) e Javi (guitarra) empezan a quedar regularmente para tocar cancións que lles gustan e improvisar sobre elas. Para completar o grupo, incorporan a Alberto (batería) e o que empezan sendo unhas versións para pasárselo ben desemboca na creación de temas propios e a idea de formalizar o nacemento da banda.

En 2020, por mor da pandemia, teñen que cancelar a súa xira de primavera que lles llevaría por primeira vez a Asturias e, no mes de maio, emiten un concerto por streaming para Youtube desde o Auditorio Carmen Estévez de Vilalba nun ciclo organizado e patrocinado polo Concello de Vilalba. Ademáis, en setembro entran no estudo de grabación 8Estudos de Lugo para gravar un novo traballo discográfico que sairá a luz en 2021.

O estilo musical de Magical Colors parte do rock e folk norteamericanos, aderezado con atmósferas psicodélicas e abrazando unha liberdade creativa e interpretativa ao máis puro estilo dos anos 60, que converte cada directo nunha experiencia diferente, filosofía similar á de bandas como Grateful Dead, Phish ou Chris Robinson Brotherhood.

Ademais, fuxindo de barreiras idiomáticas, compoñen letras tanto en castelán e galego