17-19 DE SETEMBRO DE 2021

17-19 DE SETEMBRO DE 2021

Formada en 2018 por Brais Sánchez (guitarra e voz principal) e Beny Maio (batería). Conta tamén con Daniel ‘García’ Carba (baixo eléctrico e voz) e André Garabato (Teclados).

Forman parte desa nova xeración de músicos interesados polas músicas do outro lado do atlántico. O seu son parte así do gusto pola música de raíz latinoamericana, pretendendo non tanto unha aproximación tradicional se non a mestura desta co funk, jazz, rock’n roll e por suposto o folk/rock máis fronteirizo. Apostando por letras con personalidade, debuxan un universo propio cargado de misticismo onde tamén teñen cabida o amor e a nostalxia. A música de Momboi é influenciada por bandas como Caléxico, Giant Sand, Xixa, Depedro, Kevin Morby ou mesmo os Gipsy Kings.

En decembro de 2019 presentan o seu primeiro EP ‘Ofrenda’, composto por cinco canciónsque dan mostra da mestura que buscan na súa música.