26 e 27 de ABRIL 2024

26 e 27 de ABRIL 2024

Mondra é artista, cantante e bailador. Crece vinculado á música e ao baile tradicional galego, así como como ao teatro e ao audiovisual. Desde 2021, forma parte de Demente, da compañía de danza Fran Sieira, unha das pezas con maior percorrido na historia da danza galega. En 2024, recibirá o Premio Alfredo Iglesias, da Revista Coralia, a Artista Revelación.

En setembro de 2023, publica ARDĒN (Altafonte Music Spain), o seu primeiro traballo discográfico, producido por Berto. O álbum presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega. É unha proposta íntima e irreverente á vez, un relato de resistencia e celebración.

Os primeiros avances do álbum, SACOdePULGAS e beijos de LK, superan as 50.000 escoitas en Spotify, plataforma na que o artista acumula máis de 17.000 oíntes mensuais. PUNHETA!, en colaboración con Fillas de Cassandra, supera as 240.000 reproduciones na plataforma e máis de 40.000 visualizacións en Youtube, sendo un dos temas máis escoitados no verán de 2023 en Galicia. RUANDO, xunto con AIDA (Tanxugueiras), aglutina preto de 100.000 reproduciones no compendio das plataformas.