17-19 DE SETEMBRO DE 2021

17-19 DE SETEMBRO DE 2021

Aos puntos cegos da pena, Ortiga púxolles tiritas que cheiran a cumbia millennial, autotune a feira, merengue diabólico e transversalidade sonora. “Chicho & sus chichas”. n álbum debut no que fala de amor e marisco, de Instagram e bicos, de plantas e disparos.

“Chicho & sus chichas” cheira a graxa e caixas de ritmo, a escozor e clase de zoa, a exposición de arte trash dixital a trap despois do trap, a reggaetón sen reggae nin ton e a mambo sen number 6, a Microsoft Paint e Corel Draw, a cha cha cha alternativo e mambo sentimental, a “Mentirosa” de Ráfaga e o “Supernatural” de Santana á vez, a róster compartido entre a Fania Records e La Vendición. Xa cho canta a propio Ortiga nunha das súas cancións; pero, por se non che dabas conta, que saibas que hai unha planta que a ti che encanta: Ortiga.