17-19 DE SETEMBRO DE 2021

17-19 DE SETEMBRO DE 2021

Petit Pop celebra este ano o seu décimo aniversario cunha serie de concertos especiais. É o único grupo que conseguiu axuntar nun único e gran público a adultos, nenos e nenas. E é que Petit Pop, a diferenza doutras bandas dirixidas ao público infantil, canta a toda a familia; aos irmáns maiores, a pequenos , aos avós, aos pais e ata aos tíos.

A todos e sobre todos eles canta Petit Pop nunha intelixente, divertida e tenra crónica da vida das familias modernas. É o seu deía deía cantado desde o sentido humor, a ironía e sobre todo, a complicidade, por iso Petit Pop é, con toda seguridade, o mellor grupo de música familiar que existe actualmente; o único que consegue interesar, entreter e enternecer a toda a familia por igual.

Todo cabe no universo musical e literario de Petit Pop; tan rico como o deía deía das familias, todas diferentes e distintas e todas tan parecidas á hora de preocuparnos, querernos, divertirnos ou cantar de viva voz no coche as cancións dos nosos grupo favorito: Petit Pop, para facer más tenro e divertido o marabilloso traxecto que supón crecer en familia