22-23-24 ABRIL

22-23-24 ABRIL

Saya se  autodefine como unha artista  multipotencial, investigadora musical e activista  antirracista. Habitual na escena do djing  since 2012 en Compostela, sitúase no panorama actual como unha DJ multixénero, influenciada pola súa orixe palestina e os diversos mundos culturais e artísticos que a rodean.

Formándose como técnica en VDJ e Son, compaxina a súa faceta de  selectora musical coa súa paixón pola fotografía,  videografía e gravacións de campo.

As súas sesións están marcadas por ritmos e sons de raíz, con xéneros que van desde o  afrobeats, electrónica e experimental árabe, baile  funk, reggaeton,  kuduro, batida,  gqom,  amapiano, 90 s-2000 s  edits e demais estilos que segue explorando día a día.

Sempre  reinventándose e  fluctuando entre todos estes xéneros, o seu  DJ set crea un espazo de coidados, de resistencia e celebración das  desidencias, e lémbranos que a loita  antirracista tamén é a través da música