Señora Dj, é unha dj galega residente en Vilagarcía de Arousa. Desde o seu debut en 2016, deixou pegada en moitos festivais e en salas como La Karma en Pontevedra, Sonar en Santiago e Radar e Kominsky en Vigo.
O seu nome artístico non deixa indiferente a ninguén e é unha clara homenaxe ao grupo “Las Bistecs”. O estilo único que ten fusiona indie, pop, urbano, disco e techno, cun toque de petardeo fino.
Destaca as súas raíces incluíndo grupos como “Grande Amore”, “Fillas de Cassandra”, “Berto”… E no escenario, a súa presenza é eléctrica, transmitindo a súa paixón e emoción pola música a todo o mundo.