Sidonie é unha banda cunha marcada ética do directo, faceta que coidan e traballan ó longo destas dúas décadas de traxectoria. Dende aqueles primeiros compases nos que en determinados momentos do show recurrían a disfraces para defender o seu debut, “Sidonie”, ata a actualidade, pasou por múltiples escenarios principais e salas co cartaz de localidades agotadas. Imaxe gamberra, porte elegante. Tres siluetas recoñecibles ó instante. É algo que non cambiou dende o “Shell Kids”, o seu segundo álbum, o último antes de que o grupo deixara atrás o inglés para cantar en castelán.
Quen rebusque nos seus traballos atopará pop brillante e inmediato, secuencias electrónicas, rock pesado, psicodelia, letras surrealistas e ata unha habanera. Sidonie fixo do cambio constante unha virtude, converténdose así nun dos grupos máis estimulantes de seguir. Unha incógnita e á vez unha aposta segura.