22-23-24 ABRIL

22-23-24 ABRIL

Cando The Zephyr Bones irrumpiron na escena, fixérono arroiando. Naquel momento, a súa música sacudiunos como o fai unha onda na beira  dela praia: pillounos por sorpresa, foi en grao sumo refrescante e deixounos con ganas de repetir.  Pertinentemente, bautizaron o seu estilo como “ beach  wave”. Todo aquel empuxe cristalizou nun primeiro disco titulado  Secret  Place, algo así como as coordenadas sonoras dun enclave asollado, onde soan guitarras con  rever  by melodías embriagadoras. Non saberías dicir se estiveches,  pero é un lugar ao que apetece volver.

En ‘Neon Body’ son a mesma banda, pero distinta. Manteñen intacta a puntería  melódica e a facilidade para facturar  riffs suxestivas. A súa capacidade evocadora segue aí: nunca acabas estes 10 cortes no mesmo lugar no que pulsaches  play. Dicir The Zephyr Bones é dicir liberdade pura. E aínda así, neste segundo álbum coñecémoslles doutra maneira. Soan máis decididos, cunha nova intensidade. A paisaxe tamén cambiou, agora o ton é  crepuscular e nalgúns temas ata podes intuír na túa pel o reflexo da luz de  neón á que alude o título.

Con ‘Neon Body’, The Zephyr  Bones fixeron fácil o difícil: o tan temido segundo disco confírmaos como unha das bandas máis singulares do panorama. Unha peza que completa un cancioneiro que destaca pola súa solidez e capacidade de emocionar, seducir e facer bailar