25 e 26 de ABRIL de 2025

Volve o #FIVStars, o espazo onde o escenario é voso, as cancións tamén, e o importante non é cantar ben, senón cantalo todo.

Cos teus amigos, coa túa canción favorita e con @karaoke.conesteban poñéndolle ritmo, retranca e moita festa ao momento. Despois de rodar por festivais e salas de toda Galicia, o karaoke máis querido regresa a Vilalba para facer o que mellor sabe: traer o espectáculo ao #FivdeVilalba.