25 e 26 de ABRIL de 2025

A M.Ou.D.A. (A Marabillosa Orquestra do Alcol) é un grupo con letras
persoais e un son marcado polos instrumentos que tocan (acordeón,
clarinete, mandolina, banjo…) e pola terra da que veñen: Burgos.

A traxectoria da banda sempre virou en torno ao directo. Grazas aos
máis de 600 concertos que deron e ao boca a boca, A M.Ou.D.A. foi
crecendo aos poucos, facendo as cousas á súa maneira, auto editando os seus
discos e creando unha base fiel de seguidores, o que lles levou a tocar por case
todas as salas e festivais de España, incluíndo catro actuacións no
Wizink Center (Madrid).

Ademais, actuaron en México, Colombia, Arxentina, Chile, Francia, Italia,
Holanda, Irlanda, Reino Unido e Estados Unidos. O grupo con seis LP’s, varios
EP’s e dous discos en directo ás súas costas, está inmerso na xira de presentación
do seu último traballo ‘San Felices’.