25 e 26 de ABRIL de 2025

No ‘Black Friday’ tamén se baila: o FIV de Vilalba activaeste venres o seu ‘Fiver Friday’ con abonos a prezoreducido durante só 12 horas

● O festival celebrará a súa décimo novena edición os días 24 e 25 de abril, mantendo a súa aposta pola música independente, a convivencia e o impulso do territorio
● A pasada edición reuniu máis de 6.000 persoas e concertos de artistas como León Benavente, Shinova, The Rapants, Galician Army, Varry Brava ou Joe Crepúsculo

Vilalba (Lugo), 25 de novembro de 2025.

O FIV de Vilalba abre esta semana a conta atrás cara á súa edición 2026 coa posta en marcha do Fiver Friday, unha promoción especial que permitirá conseguir abonos a prezo reducido exclusivamente este venres
28, entre as 10.00 e as 22.00 h. Será a primeira e máis vantaxosa xanela de venda para garantir o acceso ao festival.

A acción marca o inicio oficial da campaña para a XIX edición do FIV, que se celebrará os días 24 e 25 de abril de 2026 organizado polo Concello de Vilalba e a promotora i-radia Crea, convertendo unha vez máis á capital da Terra Chá no epicentro da música e da festa durante a primavera.

Un festival consolidado e esencial na cultura galega

Desde a súa creación en 2008, o FIV de Vilalba consolidouse como unha das citas musicais máis singulares de Galicia, pioneiro na promoción da música independente e alternativa, e cunha identidade baseada na proximidade, a calidade artística e a conexión co territorio.

Cada edición do festival transforma Vilalba nun espazo de encontro cultural, implicando ao comercio e a hostalaría local e contribuíndo á dinamización económica da comarca. O seu carácter interxeracional e accesible fai do FIV un evento único no panorama galego, capaz de reunir familias enteiras arredor da música e da festa.

Na súa pasada edición, celebrada en abril de 2025, o FIV congregou máis de 6.000 asistentes entre as xornadas do venres e sábado, ofrecendo unha programación que combinou artistas de referencia e novas apostas con nomes como León Benavente, Shinova, The Rapants, Galician Army, Varry Brava e Joe Crepúsculo, ademais de
actuacións abertas na Praza da Constitución e o concerto especial da Banda de Música de Vilalba.

O FIV 2026 regresará mantendo o seu espírito: dous días de concertos, encontros, actividades paralelas, sesións DJ e espazos abertos á veciñanza e aos visitantes. Un festival pensado para vivir a música tanto dentro como fóra do recinto, e que continúa reforzando o seu papel como motor cultural, social e turístico da Terra Chá.

O FIV de Vilalba conta co apoio do Concello de Vilalba, a Deputación de Lugo e Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que impulsa experiencias cinco estrelas ao redor do directo.

Últimas Noticias

Compártelo