25 e 26 de ABRIL de 2025

Cartel por días do FIV de Vilalba: Carlos Ares e Alcalá Norte encabezan o venres 24 e la M.O.D.A. Lidera o sábado 25 de abril

● O cartel complétase con Repion, Celia Becks, xunto con Puño Dragón, a Banda
de Música de Vilalba, o FIV Stars – Karaoke con Esteban e as sesións de Rapariga DJ e Grande Osso, ademais de Futuro Alcalde dentro dos Concertos Vibra Mahou

Os abonos e entradas de día están dispoñibles na páxina web do festival

Vilalba (Lugo), 3 de febreiro.- O FIV de Vilalba, que celebrará a súa XIX edición os días
24 e 25 de abril de 2026, presenta hoxe o seu cartel por días e pon á venda, ao tempo, as
entradas diarias a través da páxina web oficial do festival. O anuncio permite xa planificar a
experiencia por xornada, nunha edición que volverá encher Vilalba de música
independente e encontros, combinando grandes directos nocturnos coa
programación de día no centro da vila.


O venres 24 subiranse ao Escenario Vibra Mahou Carlos Ares e Alcalá Norte, nunha noite
que mestura pop alternativo e algunhas das voces máis destacadas da escena estatal
actual, mentres que o sábado 25 estará protagonizado por La M.O.D.A. e Ángel Stanich,
con espazo tamén para a intensidade rock e para a celebración colectiva que define o
festival.

Venres 24: unha noite de pop alternativo

O venres daranse cita Carlos Ares, Alcalá Norte, Celia Becks, Futuro Alcalde -dentro
dos Concertos Vibra Mahou- e Rapariga DJ. Carlos Ares chega ao FIV como unha das
voces galegas con maior proxección no pop alternativo. Pola súa banda, Alcalá Norte
converteuse nun dos nomes máis comentados da nova escena alternativa desde a
publicación do seu álbum de debut. Celia Becks suma ao cartel unha proposta de pop
emocional e xeracional. Completa a noite Futuro Alcalde, cun son que mestura electrónica
con garage, punk e outras influencia nun Concerto Vibra Mahou. A banda é unha das
seleccionadas a través do acordo de colaboración establecido entre a cervexeira e a
Fundación Paideia Galiza, co obxectivo de promover o talento e impulsar proxectos
musicais incluídos nos programas de aceleración da fundación. Completa a programación
Rapariga DJ, un dos nomes habituais para pechar a festa cunha sesión pensada para
bailar até o final.

Sábado 25: La M.O.D.A. e Stanich lideran unha xornada con programación diaria e aberta

O sábado 25 será o día grande, encabezado por La M.O.D.A. e Ángel Stanich, e
completado por Repion, Puño Dragón, Grande Osso. Todos eles pasarán polo Escenario
Vibra Mahou nunha noite que promete ser inesquecible para o público. A Praza do
Concello
acollerá os concertos de día, coa Banda de Música de Vilalba o FIV Stars –
Karaoke con Esteban
e Dj Set da man de Grande Osso.

La M.O.D.A. chega a Vilalba nun momento especialmente celebrado pola súa comunidade,
cun directo recoñecido pola súa enerxía e por un son moi marcado polos instrumentos que
definen a banda. Ángel Stanich regresa ao FIV como artista de culto da escena
independente: un “outsider” inclasificable que combina rock, folk e psicodelia, cunha
presenza escénica magnética. Repion, o dúo das irmás Iñesta, suma contundencia e
emoción nun rock alternativo cru e melódico. Puño Dragón achega unha proposta de rock
enérxica e actual, con letras coidadas e un directo enerxético. E Grande Osso volve poñer
o acento na parte máis festiva do festival: un dúo da Mariña lucense que cruza estilos e
remixes para crear ambiente e “bo rollo” en cada actuación.

Como parte do modelo do festival o sábado incluirá tamén programación no escenario de
día da Praza do Concello
, con sesión vermú e propostas pensadas para todos os
públicos. Nese espazo terán lugar dúas das citas máis singulares: o concerto da Banda de
Música de Vilalba e o FIV Stars – Karaoke con Esteban. A actuación da Banda é, edición
tras edición, un clásico do FIV e un dos momentos máis esperados polo público máis fiel
e pola veciñanza, converténdose nunha celebración colectiva que reforza a conexión do
festival coa identidade cultural da vila
. Karaoke con Esteban volve como espazo
participativo para que o público suba ao escenario e peche a sesión vermú en clave de festa
compartida. O escenario tamén contará cun espazo gastronómico con diferentes opcións.

Entradas diarias xa dispoñibles na web do festival

Co cartel por días publicado, o FIV activa a venda de entradas diarias na súa web,
ademais dos abonos. O festival conta co patrocinio do Concello de Vilalba, da Deputación
de Lugo e de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que impulsa
experiencias arredor da música en directo.

Últimas Noticias

Compártelo