INFORMACIÓN E NORMATIVA PARA OS ESPAZOS DE DESCANSO FIV DE VILALBA 2026
LOCALIZACIÓNS:
ZONA 1 PAVILLÓN C.E.I.P. ÍNSUA BERMÚDEZ (Espazo cuberto)
ZONA 2 ESTADIO ROCA
APERTURA:
PAVILLÓN C.E.I.P. ÍNSUA BERMÚDEZ
Venres 24 de abril de 2026 – 17.00 h
Peche: domingo 26 de abril de 2026 – 13.00 h
Capacidade: máximo catro persoas por parcela / tendas de campaña de máximo 3 x 3 m
(Acceso por C/ Cuart de Poblet)
ESTADIO ROCA:
Espazo non cuberto. Recoméndase levar esterillas e toldos de protección
Apertura: venres 24 de abril de 2026 – 16.00 h
Peche: domingo 26 de abril de 2026 – 13.00 h
Capacidade: máximo catro persoas por parcela / tendas de campaña de máximo 3 x 3 m
RESERVAS
Prazo de reserva:
Do 18 de marzo ao 17 de abril de 2026 (ambos incluídos) ou ata esgotar parcelas.
Proceso de reserva:
- O acceso á zona de descanso é exclusivo para abonadxs ao FIV de Vilalba 2026.
- A partir do 18 de marzo poderase reservar parcela a través da web do festival: web do Festival.
- Só se permitirá unha reserva por usuarix.
- Cada reserva dará dereito a un espazo para unha tenda de campaña e un máximo de catro persoas. No momento de reserva terás que indicar os datos das persoas que usarán o
espazo (nome completo, DNI, teléfono e email…). - Non se admitirán reservas fóra do prazo establecido.
NORMATIVA E RECOMENDACIÓNS:
Poñemos á vosa disposición unha serie de normas co fin de garantir a convivencia, o bo
uso dos servizos e o benestar de todxs nos espazos de descanso do FIV de Vilalba.
Pregamos a vosa colaboración, o cumprimento das normas e a comunicación ao persoal do
festival de calquera incidencia. A organización resérvase o dereito de expulsar a quen
realice actividades molestas, insalubres, nocivas, perigosas ou ilícitas, incluíndo calquera
situación de acoso.
PREGUNTAS FRECUENTES:
Podes reservar a túa parcela a través da web do propio festival: https://fivdevilalba.com/. No proceso de reserva pediranche os teus datos persoais e os dos acompañantes.
Consulta sempre as características e medidas permitidas no proceso de reserva. Cada parcela admite unha tenda de campaña dun tamaño máximo de 3 x 3 metros e unha ocupación máxima de catro persoas.
- En primeiro lugar, deberás acreditarte como abonadx e usuarix da zona de descanso nas billeteiras situadas na Casa da Cultura de Vilalba, espazo oficial de acreditación e pulseración. Non se permitirá o acceso sen identificación, que deberá mostrarse cada vez que se acceda á zona de descanso.
- Horario de billeteiras: venres e sábado de 12.00 a 00.00 h.
Só poderán acceder á zona de descanso aquelas persoas que leven:
- Acreditación de abonadx (pulseira 1).
- Acreditación de usuarix da zona de descanso (pulseira 2).
Non se permite a entrada de mascotas na zona de descanso do FIV nin nos escenarios do festival, agás os cans guía debidamente acreditados.
Por razóns de seguridade, está prohibido facer lume e o uso de instrumentos como o camping gas ou similares que poidan supoñer un perigo.
O persoal do festival informarate á túa chegada. As parcelas asígnanse por orde de chegada. Polo benestar de todxs, prégase seguir as instrucións das persoas responsables.
Non se farán reservas de parcelas. Estas serán asignadas en función da orde de chegada. A única opción para poder estar xuntxs será que cheguedes todo o grupo á vez.
Tanto se es a persoa afectada como se presencias algunha conduta incorrecta, debes comunicar ao persoal de seguridade calquera incidencia ou perigo que poida existir para activar o protocolo correspondente.
Dispoñemos dunha área reservada para obxectos perdidos no recinto principal, no espazo de merchandising do Campo da Feira.
Permítese a entrada con comida e bebidas sempre que os envases non sexan considerados perigosos pola organización. Todos os residuos deberán depositarse nos colectores habilitados.
Non se permite a entrada a persoas alleas ao festival. Só poderán acceder persoas acreditadas.
Durante a maior parte do día, desde primeira hora da mañá ata a noite, poderás usar as duchas.
Tanto o pavillón como o estadio dispoñen de duchas e aseos, aínda que con capacidade limitada. Recomendamos levar material illante, así como cubertas protectoras para as tendas e toldos para o recinto ao aire libre. A organización non se fai responsable das
consecuencias ocasionadas polas inclemencias meteorolóxicas adversas.
NORMATIVA DOS ESPAZOS DE DESCANSO FIV DE VILALBA 2026
1. Para acceder á zona de descanso será imprescindible pasar previamente pola Casa da Cultura de Vilalba, espazo oficial de acreditación e pulseración. Non se permitirá o acceso sen identificación, que deberá mostrarse cada vez que se acceda á zona de descanso.
2. Non se permite o acceso a menores de idade.
3. Só poden acceder aos espazos de descanso as persoas acreditadas como abonadxs ao festival e usuarixs do servizo de zona de descanso.
4. As persoas usuarias deberán ocupar as zonas asignadas polo persoal do festival, que comprobará o listado completo d@s ocupantes no momento do acceso.
5. Non estará permitida a reserva de espazo. No caso de que dous grupos queiran estar en parcelas contiguas, deberán chegar ao mesmo tempo.
6. Cada parcela admite unha única tenda de campaña e unha ocupación máxima de catro persoas.
7. Non está permitida a instalación de tendas de campaña de tamaño superior ao establecido pola organización, nin estruturas anexas, ampliacións ou elementos que excedan o espazo asignado.
8. O pavillón Ínsua Bermúdez é un espazo de uso educativo, polo que se esixe un uso responsable das instalacións e do material.
9. Está totalmente prohibido o acceso de vehículos ás zonas de descanso.
10. Non se poderán colocar mochilas, maletas ou calquera outro elemento nos corredores, pasillos ou saídas que interfiran o paso ou dificulten unha evacuación.
11. Pregase o uso de papeleiras e colectores para o correcto mantemento da zona de descanso.
12. Non está permitido facer lume nin o uso de camping gas ou similares, co fin de garantir a seguridade de todas as persoas asistentes.
13. Permítese a entrada de comida e bebidas na zona de descanso, sempre que os seus envases non sexan considerados perigosos pola organización.
14. Queda terminantemente prohibida a tenza de armas ou de calquera material que poida causar danos ou prexuízos ás demais persoas usuarias.
15. Non está permitido fumar na área de descanso.
16. Non se permite a entrada de animais na zona de descanso, agás cans guía debidamente acreditados.
17. En caso de condicións climatolóxicas adversas, as persoas usuarias das zonas de descanso declaran coñecer as características de cada espazo.
18. A organización non se fai responsable de posibles perdas ou roubos que poidan producirse dentro da zona de descanso nin no recinto do festival.
19. Unha vez realizada a reserva, non se efectuarán devolucións.
20. O incumprimento destas normas poderá supoñer a expulsión da zona de descanso e, en ningún caso, se reembolsará o importe da entrada ou da reserva.
21. Calquera conduta de acoso sexual será motivo inmediato de expulsión e a organización activará o protocolo correspondente de acordo coa normativa vixente.
Se tes algunha necesidade especial ou consulta, podes escribirnos a camping@fivdevilalba.com