Como Chegar
As principais cidades galegas como A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo ou Santiago de Compostela, están comunicadas con Villalba de forma rápida e cómoda. Ademais, se vés desde fóra de Galicia contas con inmellorables accesos polas vías A-6 para a meseta e A-8 que atravesa o norte.
Os aeroportos máis próximos a Vilalba son o da Coruña ( LCG) e Santiago de Compostela (SCQ) que se atopan a 77 km e 93 km respectivamente do centro de Vilalba. Ambos realizan voos nacionais e internacionais ás principais cidades.
Se queres vir en tren, a estación máis próxima a Vilalba é Renfe Lugo situada a un 30 km do centro de Vilalba. Ademais de ter o apeadeiro de Baamonde a 16 km e o de Begonte a 26 km.
Se queres vir en autobús, a empresa ARRIBA ten conexión diaria con Vilalba desde as principais cidades do norte de Galicia; A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Lugo. Toda info sobre roteiro e horarios en www.arriva.es
SERVIZO ESPECIAL DE TRANSPORTE DE REGRESO A LUGO
Dispoñemos dun servizo de transporte especial desde Vilalba o venres 28 e sábado 29 de abril para cubrir os roteiros cara Lugo, unha vez finalicen os concertos do escenario principal.
Podes adquirir o teu billete aquí (á venda para partir do 1 de febreiro ás 16.00 horas).