26 e 27 de ABRIL 2024

26 e 27 de ABRIL 2024

O FIV DE VILALBA ANUNCIA AS DATAS DA SÚA 17º EDICIÓN E SACA PRIMEIROS ABONOS Á VENDA

FIV 2024 de Vilalba
  • O festival terá lugar o 26 e 27 de abril de 2024 na praza da Constitución de Vilalba (Lugo).
  • As primeiras confirmacións do cartaz serán desveladas proximamente. 
  • Dende este xoves, 4 de xaneiro, ás 10.00 horas, estarán dispoñibles os primeiros abonos a través da páxina web do festival  https://fivdevilalba.com 

Vilalba, 3 de xaneiro do 2024.- O FIV de Vilalba acaba de anunciar as súas datas de celebración deste novo ano. Deste xeito, o festival celebrará a súa décimo sétima edición o 26 e 27 de abril de 2024, e abre a venda de abonos este xoves, 4 de xaneiro, a partir das 10.00 horas. Con motivo deste anuncio, dende o Instagram do festival está tendo lugar un sorteo exprés de 10 abonos para os participantes. 

As primeiras confirmacións do cartel musical desvelaránse nas próximas semanas, que volverá a ser unha aposta pola mellor música independente do panorama nacional, poñendo no mapa á localidade de Vilalba como unha das citas musicais xa ineludibles para os máis melómanos. Ademais, este ano o festival volverá ós seus orixes, celebrándose de novo na praza da Constitución.

O pasado ano, o Fiv de Vilalba consegueu alcanzar o rexistro de asistentes máis alto da súa historia con 6.000 persoas ó longo da fin de semana, esgotándose as prazas hoteleiras da localidade e alrededores. O público principal pertence ás catro provincias galegas, pero cada ano o festival recibe máis visitantes de outras comunidades como Castilla León, Asturias ou Cataluña.

Mañá póñense á venda os abonos “Fivers” para os dous días de programación musical, divididos en diferentes tramos. Ás 10 horas, sairá un primeiro cupo para os máis fieis, o “Abono Fiver Devotxs” cun precio de 25 euros (+g.x). En canto este se esgote sairá un abono “Fiver” xeral, a 30 euros (+g.x), con capacidade limitada. Por último, o terceiro e cuarto tramo, a 38 e 45 euros (+g.x) respectivamente, estarán dispoñibles unha vez se esgoten os abonos anteriores.

O festival volve contar un ano máis co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo. 

Proximamente ampliarase información sobre o festival.