25 e 26 de ABRIL de 2025

25 e 26 de ABRIL de 2025

O FIV DE VILALBA PECHA A SÚA EDICIÓN MÁS MULTITUDINARIA CON PRETO DE 6.000 PERSOAS Ó LONGO DA FIN DE SEMANA

  • Os agardados Lori Meyers non defraudaron no seu directo, La Casa Azul fixo bailar a toda a carpa do Escenario Vibra Mahou e as versións de La Banda de Música de Vilalba volveron reunir a un milleiro de persoas no Escenario Emerxente.
  • Preto de 6.000 personas encheron Vilalba durante a pasada fin de semana, agotándose as prazas hoteleiras da localidade e alrededores.
  • Ademais de chegar público das catro provincias gallegas, cada ano o festival recibe máis persoas de outras comunidades como Castilla León, Asturias ou Cataluña.

O FIV de Vilalba volveu brillar na súa décimo sexta edición, reunindo a un total de 6.000 persoas que gozaron de toda a programación do festival repartida entre o Escenario Vibra Mahou e o Escenario Emerxente celebrada a pasada fin de semana, situando a Vilalba como a primeira cita festivaleira da tempada e un dos referentes a nivel nacional da música indie.

Os concertos no Escenario Vibra Mahou FIV foron, sen dúbida, os máis esperados da cita, coas actuacións de Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Sidecars, Delaporte, Carlangas, Moura, Hickeys, Berta Franklin e as sesións DJ amenizadas por Tangerine Sistas, Akkan e Ochoymedio Djs.

As actuacións do escenario Emerxente tamén reuniron a un milleiro de persoas cada día para ver á esperada Banda de Música de Vilalba, Os Malinches e a música electrónica de Jus Kno’, así como a programación infantil do domingo coa banda A Gramola Gominola.

Tamén se organizaron actividades complementarias ao longo da fin de semana na Casa da Cultura. O venres, gravouse un programa do podcast Café Derby 21 con Carlangas, mentres que o sábado celebrouse o coloquio “Falamos de música”, no que participaron os xornalistas especializados, Pepa Ferreiro, Pepe Cunha, Javier Becerra e Cristina Arias como moderadora, e no que se tratou a evolución dos medios musicais. O domingo, ás 11.30 horas e seguindo a liña infantil da xornada, o xornalista Javier Becerra presentou o seu libro “Isto é rock!” no mesmo espazo.

O festival recibiu así preto de 4.000 persoas entre os dous días do festival no recinto principal, máis 2.000 persoas que acudiron aos concertos de acceso libre do Escenario Emerxente, que se celebraron durante o sábado e domingo pola mañá na praza da Constitución. A maioría do público provén da provincia de Lugo e A Coruña, seguido de Pontevedra e Ourense, pero tamén en cada edición aumenta progresivamente a proporción de asistentes chegados doutras comunidades como Asturias, Castilla León ou Cataluña.

Esta iniciativa municipal consegue que, cada ano, a localidade benefíciese dun impacto económico positivo, en termos de promoción turística, un aumento directo e indirecto do emprego local, e atraendo numerosos visitantes a localidade. Ademais, coa campaña #EUSONFIV, foméntase o comercio local, ofrecendo descontos ao público do festival.

O festival, que organiza o Concello de Vilalba, agradece todo o apoio ofrecido e a implicación das institucións e patrocinadores que axudan a levar a cabo este formato que se converteu nunha das citas ineludibles da música indie no país. Principalmente á Deputación de Lugo, así como aos patrocinadores: Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo, Grupo Entrepinares, Petroni, Alma Atlántica e Gadis.