Compositor británico-andaluz-galego. Defende as súas cancións de pop-alternativo-británico nun show en solitario, moderno e atípico, no que recrea a forza dunha banda completa sumando numerosas capas de sons en rigoroso directo. Destaca pola sensibilidade da súa impoñente voz, a súa forma de interactuar co público como “Showman” e o seu son orgánico-electrónico. Tras a autoproducción do seu primeiro disco 100% acústico “PART WON”, unha mestizaxe cultural entre o indie-pop anglosaxón e o folk galego, continúa o seu eclecticismo musical e embarca unha viaxe á antípoda no seu novo proxecto experimentando con instrumentos electrónicos de última tecnoloxía. “Soldiers Dance On TikTok” é o primeiro lanzamento desta nova etapa de composición con “Ao vivo Looping”. Unha crítica social e introspectiva sobre como reaccionamos a día de hoxe aos conflitos bélicos e a súa banalización nas redes sociais. Conta coa produción do recoñecido Juan de Dios. Con instrumentos MPE como o “Seaboard” combina sons electrónicos caracterizados por unha expresividade propia de instrumentos tradicionais. O resultado é unha sonoridade particular, dinámica e chea de matices. Vén acompañado por un videoclip que desenvolve visualmente o concepto e o carácter autocrítico e reflexivo da canción. Conta ademais cunha versión alternativa gravada en directo en Estudos Mans. Mostra a produción en vivo, capa a capa recreando a forza dunha banda completa interpretado por un home orquestra moderno.