Cycle é unha banda fundada en Madrid polo produtor David Kano.
Son un furacán que combina perfectamente unha produción electrónica completa coas guitarras potentes de Juanjo Reig e coros pegadizos.
Foron considerados como a “Banda Revelación de 2005” en España. Móvense con confianza desde o ElectroBreak ao rock, chegando a facernos lembrar ás mellores bandas británicas e alemás de finais dos anos 80.
A voz profunda e versátil do seu novo frontman Carlos Ortega, transmite textos perversos amablemente asistido pola China Patino, dúas frontman formidables.
Tras case 5 anos de silencio, centos de concertos, edicións en Xapón, varias colaboracións de nivel con artistas tan incribles como Ann Clark, Floren dos Planetas, Luis Rodríguez de León Benavente ou Guille Mostaza entre moitos outros, remixes, colaboracións, aparicións televisivas, cheos absolutos e con 6 discos de estudo ás súas costas, volven con máis forza que nunca e con enerxía renovada.
No 2025 pasarán cousas como a reedición en vinilo do primeiro disco ”Weak on the rocks” máis un maxisingle de remixes.
E como novidade, verá a luz “The daemon dance” single adianto do que será o próximo álbum da banda previsto para 2026.
Mentres, e para o 2025 celebrarán, cunha espectacular e exclusiva xira, o 20 Aniversario de “Weak On The Rocks” tocando en directo case a totalidade dese primeiro disco que lles catapultó á fama nacional e que contiña hits tan incontestables como “Confusion”, “Apple Tree” ou “Perfect Pervert” entre outros.
Haberá sorpresas, potentes visuais, temazos dos seus discos posteriores e ademais, irán desvelando algún que outro tema do seu novo disco.