25 e 26 de ABRIL de 2025

Grande Osso é un dúo musical formado en 2019 por Iago Peláez, orixinario de Foz, e Dani Rego, de Lourenzá, ambos da Mariña Lucense, Galicia.

O seu estilo musical abarca xéneros como rock, disco, funk, house e indie, destacándose pola inclusión de variados remixes que achegan dinamismo e frescura ás súas presentacións. Grande Osso caracterízase por crear unha atmosfera festiva e chea de bo rolo en cada unha das súas actuacións.