25 e 26 de ABRIL de 2025

Hydn fusiona estilos como o pop urbano, a electrónica e sons tradicionais. En 2022, Hydn gañou notoriedade ao ser seleccionada entre os 12 artistas favoritos para representar a España en Eurovisión 2023, segundo unha sondaxe de Eurovisión Spain. Ese mesmo ano, lanzou o seu primeiro EP titulado “BaddeR, wicKed”, composto por sete cancións que combinan galego e inglés, unha mestura que ela denomina “gallenglish”. Recentemente, en 2024, foi galardoada co Premio Martín Códax a Mellor Artista Urbana, recoñecemento que destaca o seu enérxico directo e a súa capacidade para enlazar potentes producións cunha coidada posta en escena.

Hydn súmase ao cartel da nova edición do FIV de Vilalba co Concerto Vibra Mahou como unha das propostas seleccionadas a través do acordo de colaboración establecido entre a cervexeira e a Fundación Paideia, co obxectivo de promover o talento e impulsar proxectos musicais incluídos dentro dos programas de aceleración promovidos pola fundación.