25 e 26 de ABRIL de 2025

Cristina Pontanilla aka Rapariga dj, nace en Ourense no 83, pero actualmente reside na Coruña. Na súa época de estudante de Belas Artes anímase a probar como residente dos sábados dunha sala pequena en Pontevedra, repasando clásicos desde o soul, rock, punk.. finalizando con disco e electro.

A partir dese momento empeza a buscar o seu lugar e aos poucos anos sae o nome de Rapariga como lla coñece na actualidade.

Pica en salas, eventos e festivais de Vigo, Santiago, Coruña, Lugo, Ourense… toda Galicia e Barcelona. Festivais como FIV, Ou Marisquiño ,FIRC, Comarea, 17º Ribeira Sacra, Carballo Interplay, Concertos do Marisco do Grove e moitos máis. Actualmente coñécella con outro aka ATOPICX onde saca o seu lado máis techno, sesión que vai desde o acid, techno español. Ritmos moi marcados e bombos contundentes con moito Groove. Desde hai un ano presenta as súas festas Last Group en Black club , Santiago de Compostela , onde pasaron dj e produtores. E picando o salas como A Vaca en Ponferrada e en Ourense.