25 e 26 de ABRIL de 2025

SHINOVA é un grupo de rock que conta xa con cinco álbums: ‘Ana y el artista temerario’ (2014), ‘Volver’ (2016), ‘Cartas de navegación’ (2018), ‘La buena suerte’ (2021) e ‘El Presente’ (2024). Discos cos que a banda percorreu España en varias ocasións, ademais de chegar ata Latinoamérica.

Cantaba SHINOVA no 2016 que fora o ano máis estraño das súas vidas, sen saber que o seu cuarto disco, ‘La buena suerte’, ía exercer como tarot musical. Un disco escrito maioritariamente antes da pandemia da COVID-19, no que moitas das súas cancións parecían estar narrando a nova normalidade na que estabamos mergullados. Un álbum que se diferencia a nivel rítmico e melódico dos seus traballos anteriores, pero que consegue manter a esencia de SHINOVA, aínda que marcando un antes e un despois na súa traxectoria. A produción, a cargo de Manuel Colmenero, nos estudos Sonobox, potenciou os trazos da banda necesarios para lograr unha evolución musical. O resultado: un disco optimista que actúa como saída de emerxencia. Ademais, foi o responsable de que SHINOVA recibise un Disco de Ouro por ‘La sonrisa intacta’ (28 de febreiro de 2024).

Todo isto viuse reflectido tempo despois, ata ser recoñecidos polos medios como unha das “bandas do momento”. Unha idea que quedou aínda máis consolidada co lanzamento de ‘El Presente’, o seu último disco, novamente da man de Manuel Colmenero.