26 e 27 de ABRIL 2024

26 e 27 de ABRIL 2024

O FIV DE VILALBA CELEBRARÁ UNHANOVA EDICIÓN DO 17 AO 19 DE SETEMBRO

  • Xoel López, Zahara, Novedades Carminha, La Bien Querida, Melenas, Ortiga, dani, Momboi, Petit Pop, Magical Colours, beGun dj set e Rapariga Dj, no cartelda 14ª edición do FIV de Vilalba
  • Unha proposta musical adaptada ao contexto actual que contará coa apertura dun novo escenario con propostas emerxentes do panorama nacional
  • Un evento necesario para a revitalización do territorio, posible grazas á aposta do Concello de Vilalba para a súa celebración nun ano que segue marcado polas restricións
  • Celebrarase os días 17, 18 e 19 de setembro. Os primeiros abonos sairán á venda proximamente

Vilalba, 20 de xullo de 2021.- O FIV de Vilalba está de volta. Celebrará este 2021 a súa14ª edición, os días 17, 18 e 19 do próximo mes de setembro. Unha oferta musical quenaceu anos atrás ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que, tras máis dunhadécada de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendariofestivaleiro nacional. Foi a partir da cuarta edición cando o festival adquiriu entidade propia,celebrándose ininterrumpidamente nos meses primaverais ano tras ano; ata a chegada daCovid19. Agora, tralo parón provocado polas circunstancias sanitarias, o FIV de Vilalbaestá, por fin, de volta; e faino adaptándose aos tempos.

Trátase dun evento único, no que a música se mestura con outras disciplinas atractivas quecompletan a experiencia. Un acontecemento clave para Vilalba, que pode desenvolversegrazas á aposta do concello por manter esta cita nun ano complexo, e que supón para alocalidade unha inxección importante na revitalización económica, tan necesaria trala crisedos últimos meses. Emprego, promoción da localidade, e atracción do turismo. Repercusiónpara a vila de Vilalba non só a nivel comunitario, senón tamén a nivel nacional.

Serán tres días consecutivos de música e actividades, nos que os diferentes artistasactuarán simultaneamente nos escenarios situados na Praza da Constitución e no Campoda Feira. Enclaves queacollerán este novo FIV; espazos amplos que permiten aadaptación aos tempos e aos protocolos vixentes. Pois a edición deste 2021 será, antetodo, segura. O cambio de escenarios respecto a edicións anteriores, así como amodificación das datas, garanten a celebración do festival. Fan que o seu desenvolvementosexa posible de acordo coas medidas sanitarias, e aseguran a súa viabilidade cara aedicións futuras.

O festival é tamén un dinamizador cultural do territorio. Polos seus diferentes escenariospasaron recoñecidos artistas de primeira liña do panorama actual, e nesta ediciónmanterase o aceno de identidade de perfil de bandas nacionais de corte indie / pop / rock,con algúns artistas xa habituais do festival.

Xoel López, Zahara, Novedades Carminha, La Bien Querida, Melenas, Ortiga, dani,Momboi, Petit Pop, Magical Colours, beGun dj set e Rapariga Dj, son as confirmaciónsdun atractivo cartel que fará que o público volte a gozar. O FIV Vilalba contará ademais cunespazo para artistas emerxentes no que os e as asistentes terán a oportunidade dedescubrir ás voces do futuro.

Este festival marcou, de sempre, a apertura do calendario festivaleiro. Conta ademais cunpúblico fiel en cada unha das súas edicións, e vese como unha proposta cultural accesiblepara un público de case calquera idade. Esta edición conxuga a esencia do propio FIVmarcada por artistas habituais e concertos xa consolidados como o da BandaMunicipal de Música de Vilalba, con outras novidades. Deste concepto nace FIV KIDS, unespazo para os pequenos e as pequenas da casa, no que gozarán de ofertas adaptadasaos seus intereses.

O FIV, xunto ao Concello de Vilalba, dará nesta edición continuidade á programaciónparalela do festival, aproveitando distintos espazos da localidade, dinamizando e ampliandoa actividade na vila. Actividades alternativas, aderezadas coa mellor música indie dopanorama nacional, e coa posibilidade de combinalo todo coa oferta gastronómica local.Trátase de renacer, pero sen perder a esencia, sen embargo, un novo FIV necesita unhanova imaxe, de aí o cartel desta 14ª edición do festival, no que se destaca a importancia e oprotagonismo de Vilalba.

Proximamente ampliarase información sobre as actividades paralelas do festival.