- O festival terá lugar o 26 e 27 de abril de 2024 na praza da Constitución de Vilalba (Lugo).
- Esta mañá, durante a rolda de prensa celebrada na Casa de Cultura de Vilalba, deuse a coñecer o cartel musical, encabezado por Iván Ferreiro e Dorian, seguido doutros grupos de renome no panorama indie nacional como El Columpio Asesino, Veintiuno y Niña Polaca. Completan el cartel Grande Amore, Mondra, Lontreira, la Banda de Música de Vilalba, Serial Killerz, y como colofón a la fiesta, Eme Dj y Señora DJ.
- Tras esgotarse os tres primeiros tramos, o cuarto e última cota de abonos sae a un prezo de 45€ (+g.g.) dispoñible a través da páxina web do festival https://fivdevilalba.com
Vilalba, 24 de enero del 2024.- Esta mañá, durante a rolda de prensa celebrada na Casa da Cultura de Vilalba, a concelleira de Cultura, Tamara Rodríguez, xunto con Carlos Montilla, director da promotora cultural galega, I-radia Crea, deron a coñecer o cartel da décimo séptima edición do FIV, que se celebrará durante o 26 e 27 de abril en Vilalba (Lugo). Un ano máis, a localidade tínguese de fucsia na primavera, e contará de novo co Escenario Vibra Mahou ao que se subirán diversos artistas e bandas nacionais e galegas de renome que farán bailar e gozar ao público durante toda a fin de semana.
Seguindo o estilo indie que caracteriza ao festival, Iván Ferreiro e Dorian encabezarán a programación, seguido doutros grupos que se atopan en primeira liña do panorama musical: El Columpio Asesino, Veintiuno y Niña Polaca. Completan el cartel, Grande Amore, Mondra, Lontreira, la Banda de Música de Vilalba, Serial Killerz, y como colofón a la fiesta, estarán al cargo de los mandos Eme Dj y Señora DJ.
“Con esta proposta musical volvemos poñer ao FIV no mapa, inaugurando a tempada de festivais. Estamos moi satisfeitos coa acollida recibida, xa que se vendeu a metade do aforo antes de anunciarse o cartel e o aloxamento leva semanas completo, demostrando a confianza e o entusiasmo que ten o público por esta cita”, sinalou Montilla.
Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Tamara Rodríguez, explicou a súa decisión de “devolver ao festival a súa localización orixinal”: a Praza da Constitución. “Queremos achegar á xente ao centro de Vilalba coa intención de poñer en valor o noso centro histórico e favorecer ao comercio e hostalería” declarou.
Rodríguez, que fixo especial fincapé na necesidade de camiñar cara a un festival “sostible economicamente para o Concello” defendeu o formato de organización elixido para esta edición como unha fórmula que, mantendo intacta a esencia do FIV, “cumpre escrupulosamente cos criterios de rigor e responsabilidade orzamentaria”
O festival contará un ano máis co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo.
Tras esgotarse os abonos promocionais e o segundo tramo de abono Fiver xeneral nas primeiras horas de saída á venda, así como tamén o “abono Fiver” a 38 euros (+g.g) posteriormente; desde hoxe atópase dispoñible a última cota de abono xeral a 45€ (+g.g) na páxina web, así como unha cota limitada de abonos para os menores de dezaseis anos .
A información sobre a acampada anunciarase proximamente a través das redes sociais e a web do festival, así como a venda das entradas por día.