26 e 27 de ABRIL 2024

26 e 27 de ABRIL 2024

O FIV DE VILALBA PECHA O CARTEL MUSICAL COAS NOVAS CONFIRMACIÓNS DO ESCENARIO EMERXENTE

O FIV de Vilalba pecha a súa programación musical coas últimas confirmacións que forman parte do Escenario Emerxente neste 2022. O primeiro festival da tempada, que desenvolverá a súa décimo quinta edición entre o 22 e o 24 de abril, contará tamén coas actuacións da Banda de Música de Vilalba, The Zephyr Bones, Kokoshca, Juárez, Fábrica de Espejos e coas sesións dj a cargo de Isaac Peces, Saya e Russ.

Durante esa fin de semana Vilalba gozará de diversas actuacións e actividades repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución, o Escenario Emerxente, e no Campo da Feira, o Escenario FIV, e seguindo os protocolos vixentes no momento da celebración do festival, garantindo ante todo a seguridade de público e artistas.

Catro novas bandas de primeira liña do panorama indie nacional e galego, a Banda de Música de Vilalba e tres sesións de djs pechan a programación do Escenario Emerxente do venres 22 e sábado 23 de abril. Unha gran lista de actuacións que se complementará coas actividades paralelas e a zona de acampada FIV 2022, cuxas reservas xa están dispoñibles a través da web do festival.

Rock, pop-psicodélico e versiones en formato clásico no Escenario Emerxente:

O primeiro dos novos nomes en unirse ao cartel do FIV de Vilalba é o “cabeza de cartel” máis esperado, a Banda de Música de Vilalba, que será a encargada de emocionarnos e facer que gocemos dun divertido recital de versións do mellor pop-rock nacional, pero tamén internacional. Divertido, pero tamén delicioso é o novo disco de The Zephyr Bones, no que cada parte encaixa no todo con total naturalidade. O fondo psicodélico e as progresións case jazzísticas fúndense á perfección cun pop depurado de guitarras limpas e baixos musculosos, cuxa xenealoxía melódica podería levarnos ata o funk pop de The Smiths. Esta “rara”combinación funciona tamén con Juárez, outra das bandas que estarán nesta décimo quinta edición presentando ‘Luna menguante’, cargado de cancións con sabor a clásico onde as melodías e as harmonías manteñen o protagonismo dentro dunhas atmosferas enrarecidas que van do kraut-rock robusto á psicodelia ou do pop ao western.

Pola súa banda, Kokoshca están de regreso facturando o disco que levabamos esperando desde hai uns anos. Soando totalmente reconocibles, este traballo homónimo pon de manifesto o acertado dunha forma de facer cancións onde a intuición en todo o relativo a lograr melodías pletóricas marca o camiño, non descoidando tampouco o necesario que é introducir algún que outro elemento que poida convulsionar a súa proposta en certos momentos. Tal e como fan Fábrica de Espejos, esta formación de synth pop altamente emocional con cadencia shoegaze acaban de presentar ‘Mundo Incerto’, un traballo ambicioso co que constrúen un espello emocional que como un caleidoscopio reflicte imaxes entre luminiscencias de distintas intensidades. Atopámonos con atmosferas oníricas cargadas de melancolía; abrazando a suavidade sen deixar de ser intensos, tecendo melodías redentoras envoltas en distorsión.

A programación do Escenario Emerxente nutrirase coas sesións dj primeiramente o venres con Isaac Peces, quen nos fará gozar dunha das súas sesións máis bailable, elegante e ecléctica ao redor da música negra, pasando polo funk, brazil, afrobeat, disco, boogie, house… E o sábado contaremos con, Saya, situada no panorama actual galego como unha dj multixénero que se nutre dás súas raíces- o seu pai é palestino-, as sesións están marcadas polas músicas do mundo, con xéneros como afrobeats, afropop, afrohouse, dabke árabe, funk… E con Russ, o proxecto musical da DJ e produtora Marta Gilino, coñecida axitadora da escea electrónica galega. Mostra o seu interese tanto polo novo club coma polos contextos musicais e artísticos máis diversos. Para a creación dos sets parte do dinamismo como eixo fundamental, entrelazando ritmicidade e grooves con melodías luminosas, breaks e misturas multixénero

O FIV, xunto ao Concello de Vilalba, volve conxugar a esencia do propio festival marcada polos mellores artistas do panorama indie nacional dando continuidade á programación paralela do festival, aproveitando distintos espazos da localidade dinamizando e ampliando a actividade na vila. Actividades alternativas, aderezadas coa mellor música en directo, e coa posibilidade de combinalo todo coa oferta gastronómica local. Unha nova edición do FIV que volve destacar nesta 15ª edición a importancia e o protagonismo de Vilalba.

O terceiro tramo de abonos para o FIV de Vilalba está a punto de esgotarse. Os dous primeiros duraron menos dunha hora. Á venda na propia web: https://fivdevilalba.com