26 e 27 de ABRIL 2024

26 e 27 de ABRIL 2024

Marta Fierro, máis coñecida como Eme DJ, ten unha das traxectorias máis recoñecidas como DJ na escena indie-disco-pop de toda España. Así o avalaron os lectores da revista Rockdelux ao nomeala a mellor DJ nacional varios anos e os diferentes nomeamentos aos Vicious Music Awards. A súa experiencia esténdese ao traballo como DJ en festivais e clubs ata os labores de divulgadora e educadora impartindo cursos, talleres ou escribindo libros sobre a profesión de DJ ou a colaboración en programas de radio e podcasts. A este labor vincúlase un constante traballo por axudar e visibilizar os problemas vinculados á saúde mental na súa profesión, así como novas propostas como achegar ao mundo da música e o espectáculo a persoas con problemas mobilidade ou agorafobia a través da realidade virtual.

Eme leva 20 anos en activo como DJ profesional, con máis de mil actuacións ás súas costas en festivais, clubs, eventos e discotecas a nivel internacional. Pinchou xunto a DJ da talla de David Guetta, 2many DJs, Calvin Harris, Dj Amable ou Zombie Kids e teloneado a grupos internacionais do nivel de Madonna (no estadio Vicente Calderón) Air, Arcade Fire, GusGus, Goldfrapp, Vetusta Morla ou Zahara.