Adriana Cores, Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral son os tres compoñentes de Lontreira, un grupo de música en galego con raíces na Illa de Arousa e con Vigo como berce da súa formación, rúas nas que coñeceron Churruca e nas que uniron os seus talentos nun proxecto musical que xa os está a converter nunha prometedora banda emerxente.
Tanto que foron elixidos finalistas na categoría de banda emerxente nos premios Martín Códax da Música, e unha das 14 bandas seleccionadas entre máis de 300 para o MUMI (Músicas do Minho) onde se concentran durante unha fin de semana importantes programadores de Galicia e Portugal.
Ademáis, no final do verán de 2023, tamén entraron, entre case 900 bandas de toda España, no TOP 100 da Elección Interna de Eurovisión España, e posteriormente escalaron ata o TOP10. Tamén a súa canción “Corazón de Toxo” foi seleccionada como “Canción do Verán” en Galicia.
Lontreira presentará en directo o seu primer traballo, “Apnea”, unha mestura de efectos visuais e sonoros que manteñen a vista de calquera pegada ao escenario.