26 e 27 de ABRIL 2024

26 e 27 de ABRIL 2024

O regreso de Dorian á actualidade musical produciuse o pasado mes de decembro coa publicación –e o éxito– de “Dos vidas”, gran single de adianto, cuxa arrebatadora melodía de voz viña arroupada por poderosas liñas de sintetizador marca da casa. “Dos vidas” incluía na súa letra unha homenaxe ao premio Nobel de literatura Gabriel García Márquez e os seus “Cien años de soledad”, dándonos algunhas pistas sobre o que se aveciñaba.

E o que se aveciñaba era “Ritual”, un álbum de marcado carácter cosmopolita que disloca os parámetros da música pop ao uso expoñendo un poderoso diálogo musical entre Europa e América, establecendo un antes e un despois na carreira dos barceloneses.

Marc, Belly, Lisandro e Bart volveron a crear un álbum brillante, repleto de hits potenciais e de letras conmovedoras, unha colección de cancións que reinventa o presente de Dorian para proxectar á banda cara ao futuro. O tempo xoga a favor dun proxecto que o ten todo para otear ao horizonte con optimismo. Aínda que tampouco diremos que non a algúns dos seus clásicos máis tatareados como “Cualquier otra parte”.